Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 631/135/2012).

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o día 8 de abril de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar os informes de alegacións emitidos o 11 e 18 de marzo de 2013 pola arquitecta e o xefe do Departamento de Planeamento, respectivamente.

Segundo. Aprobar definitivamente o documento de estudo de detalle para reaxuste de rasantes das vías no ámbito do sector S-10 Parque Ofimático, presentado con data do 19 de marzo de 2013 para a súa tramitación.

Terceiro. Ordenar a dilixencia do estudo de detalle aprobado, así como continuar co cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Cuarto. Notificarlles o acordo de aprobación definitiva aos titulares catastrais, interesados no expediente, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión de Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina de Delineación-SIX de Planeamento e Área de Infraestruturas».

Este acordo pon fin á vía administrativa, e pódese interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se practique a súa notificación ou a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia, ou a súa notificación no caso do promotor, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para os efectos da entrada en vigor do estudo de detalle para reaxuste de rasantes das vías no ámbito do sector S-10 Parque Ofimático, o día 12 de abril de 2013.

A Coruña, 15 de abril de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo