Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19658

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdido

ANUNCIO de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a ampliación do cemiterio da Barqueira.

O Pleno do Concello de Cerdido do día 29 de abril de 2013 aprobou o acordo de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a ampliación do cemiterio da Barqueira, polo que se somete a información pública polo prazo dun mes mediante un anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Ao mesmo tempo, e durante o mesmo prazo, daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

Así mesmo, acordou a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente: ámbito da proposta para redelimitación do equipamento CEL-1, cunha superficie de 2,136 m2, que aparece reflectida nos planos 2C.1, C-6.1 e C-Z.1 da modificación puntual e que se localiza no sector do solo urbanizable S-03, lugar do Porto, parroquia da Barqueira.

Cerdido, 30 de abril de 2013

Ana Rodríguez Montero
Alcaldesa