Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19563

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1043/2013).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 1043/2013 desta sección, seguido por instancia de Asepeyo, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social número 151, contra a empresa Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., sobre incapacidade temporal, se ditou a seguinte resolución:

Decisión: desestimamos o recurso de suplicación interposto en nome e representación da mutua Asepeyo, contra a sentenza do 19 de setembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en proceso sobre reclamación de cantidade, diferenzas de subsidio de incapacidade temporal promovido por instancia da traballadora Johanna Carolin Rivas Ochoa fronte á referida mutua recorrente, así como fronte á empresa Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fágaselles saber que contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L. de que no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á Ibertel Informática y Telecomunicaciones, S.L., con último domicilio coñecido na avenida de Lugo, nº 32, baixo esquerda, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 9 de maio de 2013

A secretaria xudicial