Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de maio de 2013 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva (expediente IU3/62/2012-C1), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 14 de febreiro de 2013, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva a Celina Santaeufemia Rodríguez e Roberto Valín Torres, como consecuencia de incumprir a Resolución do 13 de xaneiro de 2010 pola que se ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha edificación composta por varias plantas, no lugar de Piúgos, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Pablo Caruezo Rodríguez (en representación de Celina Santaeufemia Rodríguez e Roberto Valín Torres) mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística