Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 31 de maio de 2013 Páx. 19605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 8 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2012/000235-2 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícanse ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, sita na avda. Ramón Canosa, s/n, Celeiro, Viveiro, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000235-2.

Denunciado: Sergio Aragón Espallargas.

DNI: 43446475G.

Enderezo: avda. da Mariña, 149, 2º D, Viveiro.

Precepto infrinxido: artigo 137.D.4

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000247-2.

Denunciado: Ricardo José Ameneiros Pérez.

DNI: 79338464X.

Enderezo: O Graño, nº 6, Valdoviño.

Precepto infrinxido: artigo 137.A.1, 137.B.2.

Sanción: 6.301 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2012/000248-2.

Denunciado: Ramón Patiño Vázquez.

DNI: 32701865M.

Enderezo: estrada A Gándara, 70, 2º B, Narón.

Precepto infrinxido: artigo 137.A.1, 137.B.2.

Sanción: 3.301 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza da presente resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Lugo, 8 de maio de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo