O Decreto 147/2011, do 30 de xuño, polo que se crea o Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia e se determinan os criterios para acreditar e declarar a súa representatividade, establece no seu artigo 3.2 que os membros do consello serán nomeados e separados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo, por proposta da persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de promoción do emprego autónomo, e que o seu nomeamento e o seu cesamento se publicará no Diario Oficial de Galicia.
En consecuencia, e por proposta do director xeral de Traballo e Economía Social,
DISPOÑO:
Artigo 1
Que cese Luis Valdés Peña como secretario do Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 2
Nomear a Luz Marina Álvarez Moreira, xefa do Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, como secretaria do Consello Galego da Representatividade das Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013
Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar