Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19109

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre aparcadoiro subterráneo de uso mixto (expediente 40159/422).

Cocheras Olívicas de Puentes, S.A. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de actividade para aparcadoiro subterráneo de uso mixto que se situará en Rosalía de Castro (RU) (expediente 40159/422).

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primero anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta 1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 30 de abril de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio