Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19108

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de información pública sobre instalacións de almacenamento e subministración de combustibles a barcos (expediente 98/13).

Eduardo Ares Zapata, en nome da empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., con CIF A80298839, con domicilio na rúa Enrique Mariñas, 36, planta 11, 15009 A Coruña, solicita licenza de actividade para instalacións de almacenamento e subministración de combustibles a barcos no porto pesqueiro de Muros (expediente 98/13), de acordo co proxecto do enxeñeiro de camiños Rafael Suárez Rey.

De acordo co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Muros, 2 de maio de 2013

Caridad González Cerviño
Alcaldesa