Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de maio de 2013 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/121/2012.

Mediante Resolución do 18 de abril de 2013 acordouse abrir un período de proba, que se lle notifica a Carlos Parga Ceide, en relación coas obras consistentes na rehabilitación e ampliación dunha edificación tradicional destinada a uso residencial, no lugar do Portelo, nº 29, parroquia de Aspai, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo.

A instrutora do expediente IU3/121/2012 acordou abrir un período de proba por un prazo de 30 días hábiles e sinalar o día 8 de maio de 2013, ás 10.00 horas, para a práctica da visita de inspección á parcela na cal se localizan as obras co fin de comprobar se as obras de rehabilitación da vivenda tradicional respectan o volume edificable preexistente e a composición volumétrica orixinal, se as obras de ampliación superan o 10 % do volume orixinario da edificación e se as obras de construción do garaxe foron demolidas.

Así mesmo, acórdase requirir a Carlos Parga Ceide e a María del Carmen González Núñez para que presenten fotografías, documentos ou outros elementos que permitan acreditar o estado da edificación antes de acometer as obras.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística