Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de maio de 2013 pola que se notifica a nova data de inspección ditada no período de proba no expediente IU3/121/2012.

A instrutora do expediente IU3/121/2012 acordou, o 23 de abril de 2013, notificar a nova data da visita de inspección, que será o día 14 de maio de 2013, ás 10.00 horas, acordada no período de proba, a Carlos Parga Ceide, en relación coas obras consistentes na rehabilitación e ampliación dunha edificación tradicional destinada a uso residencial no lugar do Portelo, nº 29, parroquia de Aspai, no termo municipal de Outeiro de Rei, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística