Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/203).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo, 15840 Santa Comba.

Denominación: LMT derivación a Espasandín e CT.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

O centro de transformación de Espasandín obxecto do proxecto instalarase en apoio de formigón tipo pórtico existente de 2XHV 1500 R12 AF-160 (código 4SC00045) que fará de fin de liña e instalarase un conxunto de seccionadores XS, un conxunto de pararraios autoválvulas de 10 kA-24 kV en bornes do trafo, un transformador de 160 kVA, de refrixeración natural en baño de aceite con tensión primaria de 20.000 V e tensión secundaria de 230/400 V. Instalarase tamén un interruptor automático con relé de imaxe térmica (Isodis) así como un cadro de baixa tensión con protección por fusibles e tres saídas.

A liña de media tensión partirá dun apoio C3000/16 de nova execución da liña de media tensión existente Santa Catalina-Vilar de Céltigos (nº de expte. 27.949) o condutor empregado é de tipo LA-56 de tensión 20 kV e a súa lonxitude é de 628 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña