Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: adecuación do CT estrada Gándara (expediente 27.450).
Situación: concello de Ferrol.
Características técnicas:
Reforma do centro de transformación non prefabricado existente estrada Gándara, consistente no cambio de localización e a substitución do transformador actual por un de potencia de 800 kVA e unha relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, con instalación de novas celas 4L+1P, no interior do local existente, o cal se reparará interiormente.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 26 de abril de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña