Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013087TA-PO por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de marzo de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2013087TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Antonio René Noya García, con NIF 35471296-Y.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Antonio René Noya García o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do devandito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 24 de abril de 2013

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: 2013087TA-PO.

Denunciado: Antonio René Noya García, con NIF 35471296-Y.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Maside, núm. 1, 2º B, 36630 Cambados (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 7) «Prohíbese fumar, ..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración cerrados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.3.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medias sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: trinta euros (30 €).