Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012079TA-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 22 de marzo de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 20120079TA-OU, a Jessica Martínez Fernández, DNI 71859038-N, con domicilio na r/ Gregorio Pérez de María, número 8, 6º D, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jessica Martínez Fernández, DNI 71859038-N, con domicilio na r/ Gregorio Pérez de María, número 8, 6º D, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense), o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle, o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, situada na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Novagalicia Banco. Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 25 de abril de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

1. Expediente sancionador 2012079TA-OU.

Denunciada: Jessica Martínez Fernández.

Documento de identificación: DNI 71859038-N.

Último domicilio coñecido: r/ Gregorio Pérez de María, número 8, 6º D, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trinta euros (30,00 €).