Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (expedientes AC-EP 36/2013 e AC-EP 54/2013).

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditaron resolucións nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo, por infraccións da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 29 de abril de 2013

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 36/2013

Luís Ferrol Brenlla

As Travesas, 1

15841 Santa Comba

Duende

26.e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

120,00 €

AC-EP 54/2013

Luís Ferrol Brenlla

As Travesas, 1

15841 Santa Comba

Duende

26.e) da LO 1/1992

28 da LO 1/1992

120,00 €