Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza núm. 1129/2012, do 20 de decembro de 2012, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 20 de decembro de 2012, pronunciou a sentenza número 1129/2012, ditada no procedemento ordinario nº 4128/2011, interposto por José Domingo Caamaño Silva, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por José Domingo Caamaño Silva contra a Orde do 12 de xaneiro de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, sobre aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Outes, e declaramos a súa nulidade parcial e no que afecta o predio do demandante identificado no feito primeiro da demanda, en canto traza un camiño público que atravesa as parcelas 00023, 00024 e 00719, polo que a Administración demandada deberá rectificar os correspondentes planos do PXOM. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo