Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2013 Páx. 18889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se acepta a avinza celebrada entre as comunidades de montes veciñais en man común de Rega Grande e Tras da Costa, no concello de Boborás (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión celebrada no día 8 de maio de 2013, en relación coa avinza celebrada entre as comunidades de montes veciñais en man común Rega Grande (pertecente ao Curro) e Tras da Costa (pertencente a Antasportas, A Vesada, As Costiñas e Feás), no concello de Boborás (Ourense), examinada a documentación presentada e co informe favorable do Servizo de Montes, resolveu aceptar o acordo acadado previamente polas respectivas comunidades referente a unificación de ambos os dous montes veciñais nun único monte denominado Rega Grande e Tras da Costa, e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do disposto no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta resolución, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 14 de maio de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense