Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18764

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013 pola que se fai pública a adxudicación do procedemento aberto para a contratación de servizos de desenvolvemento e mantemento de aplicacións informáticas e o servizo da oficina de sistemas do Igape (PA 3/12).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do TRLCSP, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 3/12.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de desenvolvemento e mantemento de aplicacións informáticas e o servizo da oficina de sistemas do Igape.

c) División por lotes e número:

– Lote 1. Servizos de desenvolvemento de aplicacións informáticas.

– Lote 2. Servizos de mantemento de aplicacións informáticas.

– Lote 3. Servizos de oficina de sistemas.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG

BOE

DOCE

26.7.2012

26.7.2012

18.7.2012

3. Tramitación, procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4.Orzamento máximo de licitación: importe total 1.631.168 € máis IVE, dos que 815.584 € máis IVE corresponden ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e 815.584 € máis IVE á posible prórroga (24 meses).

5. Adxudicación e formalización:

– Lote 1. Servizos de desenvolvemento de aplicacións informáticas.

c) Data de adxudicación: 29.1.2013.

d) Data de formalización: 6.3.2013

e) Contratista: Altia Consultores, S.A.

f) Nacionalidade: española.

g) Importe de adxudicación: 228.729,60 €, máis IVE.

– Lote 2. Servizos de mantemento de aplicacións informáticas.

a) Data de adxudicación: 29.1.2013.

b) Data de formalización: 6.3.2013.

c) Contratista: Altia Consultores, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 404.870,40 €, máis IVE.

– Lote 3. Servizos de oficina de sistemas.

a) Data de adxudicación: 29.1.2013.

b) Data de formalización: 6.3.2013.

c) Contratista: Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe de adxudicación: 89.267,20 €, máis IVE.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica