Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de maio de 2013, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas relacionadas no anexo para seren notificadas por comparecencia no procedemento de adxudicación de vivendas de promoción pública (VPP) en Eirís e Mesoiro (expedientes C-2002/702 e C-2004/010).

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 2 de maio de 2013

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: C-2002/702 e C-2004/010.

Nome e apelidos: José María Domínguez Vigo.

Último enderezo coñecido: lugar Lamadosa nº 19, baixo, A Coruña.

Acto notificado: resolución de arquivo por desistencia.

Nº expediente: C-2004/010, conta 102.

Nome e apelidos: Julia García Nión.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, bl. 137, 5º D, A Coruña.

Acto notificado: resolución de arquivo por desistencia.

Nº expediente: C-2002/702, conta 136.

Nome e apelidos: Nora Jaqueline Saldivis Arismendi.

Último enderezo coñecido: rúa San Sebastián, bl. 3-5, 2º C, A Coruña.

Acto notificado: resolución de arquivo por desistencia.