Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de elaboración de diagnósticos e análises da capacidade de internacionalización das empresas galegas, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), eixe 2, tema prioritario 2.08.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do TRLCSP, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servizos:

1. Entidad adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 6/11.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: elaboración de diagnósticos e análises da capacidade de internacionalización das empresas galegas.

c) División por lotes e número: 11.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación:

DOG

BOE

DOUE

2.11.2011

2.11.2011

26.10.2011

3. Tramitación, procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación: 800.000 € (oitocentos mil), máis IVE (400.000 € máis IVE para vixencia inicial e 400.000 € máis IVE para a prórroga).

5. Formalización.

a) Data de adxudicación: 26.3.2012.

b) Data de formalización do contrato: 23.4.2012.

c) Contratista:

Gabinete de Innovación, S.L., lotes 1, 4, 8, 10.

Alberto Rocha Asesores Económicos y Jurídicos, S.L., lote 2.

Redflexión Consultores, S.L., lotes 3, 5, 9.

Consejo Gallego de Cámaras de Comercio, lote 6, lote 7.

OBZ S.L., lote 11.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe:

Lote 1: máximo de 60.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 210 € máis IVE).

Lote 2: máximo de 40.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 319 € máis IVE).

Lote 3: máximo de 60.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 336 € máis IVE).

Lote 4: máximo de 20.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 210 € máis IVE).

Lote 5: máximo de 20.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 336 € máis IVE).

Lote 6: máximo de 20.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 320 € máis IVE).

Lote 7 máximo de 20.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 320 € máis IVE).

Lote 8: máximo de 16.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 210 € máis IVE).

Lote 9: máximo de 32.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 336 € máis IVE).

Lote 10: máximo de 12.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 210 € máis IVE).

Lote 11: máximo de 100.000 €, máis IVE (prezo unitario por diagnóstico 299,60 € máis IVE).

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica