Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de maio de 2013 pola que se notifica requirimento do 30 de abril de 2013 de retirada de vehículo con matrícula 1359-DCM, abandonado no dominio público portuario do porto de Burela.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Burela a María Jesús Pedre Díaz, con DNI 34638410, como propietaria do vehículo camión articulado marca Iveco, modelo Stralis, matrícula 1359-DCM, o seguinte requirimento:

De acordo coa acta-denuncia nº 2011-004504-00000700 efectuada pola Dirección Xeral da Policía e Garda Civil, Compañía de Burela (porto de Burela), ás 12.35 horas do día 18 de setembro de 2011, con motivo de prestar servizo no porto de Burela, os axentes observan como o vehículo camión articulado (cabeza tractora), marca Iveco, modelo Stralis, matrícula 1359-DCM, que leva máis dun ano estacionado no mesmo lugar (porto de Burela), presenta síntomas de abandono consistentes en sucidade exterior e baixo o vehículo, e oxidación xeneralizada. Constátase que conserva o motor e presuntamente todos os seus líquidos e outros elementos considerados como residuos perigosos. Consultada a terminal de tráfico da DXT, o vehículo consta como dado de baixa temporal, carece de ITV en vigor desde o día 8 de novembro de 2007, así como seguro en vigor desde o 24 do maio de 2008 polo que, a xuízo dos axentes, se xera unha evidente deterioración ambiental e se cumpren as condicións para a súa consideración como residuo en relación co texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, aprobado polo Real decreto lexislativo 339/1990.

O celador gardapeiraos xefe do porto de Burela confirma que o vehículo segue estacionado no peirao sur en estado de abandono.

De acordo cos datos facilitados pola Xefatura Provincial de Tráfico, a titular do vehículo con matrícula 1359-DCM e bastidor WJMM1VJ00C138286 é María Jesús Pedre Díaz, con DNI 34638410, e domicilio en Suafonte, 50, 2º, Burela, Lugo.

Considerando o exposto, e dado que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 86.1 do Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, que aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese a titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a notificación do presente requirimento proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Burela.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen mais trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

Hai que manifestar que por estes feitos a titular do vehículo xa foi sancionada administrativamente.

Para o seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia