Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18391

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1724/2010).

No recurso de suplicación número 1724/2010-S, seguido ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanante dos autos número 184/2009 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por Luciano Nieto Fernández contra o INSS, a TXSS, Cotobad Gestión Mantenimiento, S.L., Egarsat Matepss nº 276 (antes SAT Mutua), sobre accidente, con data do 21 de marzo de 2013 se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual del demandante Luciano Nieto Fernández contra a sentenza do 23 de xaneiro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra nos autos 184/2009, promovido por instancia do recorrente fronte ás demandadas sobre determinación de continxencia, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Cotobad Gestión Mantenimiento, , S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, rúa Benito Corbal, nº 14, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de abril de 2013

A secretaria xudicial