Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/52).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: r/ José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS Ferromeira (San Martiño de Cerceda).

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

LMT subterránea nº 1 a CTC Ferromeira.

Inicio liña (UTM): en paso aerosubterráneo do apoio nº 5 tipo AC-FL 9000/18 de liña existente LMT punto fronteira UDESA en Cerceda a CT O Portofranco (expte. 2002/371).

Final liña (UTM): en apoio nº 0 (UTM 543.600; 4.779.915) de liña existente LMT Cerceda-A Silva) (expte. IN407A 2007/488) despois de realizar entrada e saída no novo CTC Ferromeira.

Lonxitude: 548 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

LMT subterránea nº 2 a CTC Ferromeira.

Inicio liña (UTM): en paso aerosubterráneo do apoio nº 5 tipo AC-FL 9000/18 de liña existente LMT Punto Fronteira UDESA en Cerceda a CT O Portofranco (expte. 2002/371).

Final liña (UTM): en cela de liña existente no centro de seccionamento de Malasa (expte. REIG 15/030136) de liña existente LMT Cerceda-A Silva) (expte. IN407A 2007/488) despois de realizar entrada e saída nos centros de seccionamento de termólise (REIG 15/030605), SEMCOR 3000 (REIG 15/020540), lavandaría (REIG 15/031028) e despois de realizar entrada e saída no novo CTC Ferromeira.

Lonxitude: 942 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

Centro de transformación caseta Ferromeira.

Tipo: edificio prefabricado de formigón.

Illamento: aceite mineral.

Potencia: 100 kVA.

Relación de transformación: 20/0,4 kV.

Saídas de baixa tensión.

Orixe: CTC proxectado Ferromeira.

Lonxitude: 24 m.

Condutor: XZ1-0,6/1 kV-4(1×240 Al).

Nº circuítos: 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña