Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 24 de maio de 2013 Páx. 18462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica o interesado a resolución de arquivamento da solicitude de cualificación provisional da promoción de vivendas de protección autonómica relativa ao expediente P09-VX-0040/10.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle o interesado a resolución de arquivamento da solicitude de cualificación provisional, por non emendala no prazo establecido.

Pontevedra, 26 de abril de 2013

(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P09-VX-0040/10.

Nome: Víctor M. Baldomero Fariña.

Enderezo: rúa Sardanela, 1-3, baixo C, 36650 Caldas de Reis.

Asunto: arquivamento da solicitude de cualificación provisional.