Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2013 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións de aforro e eficiencia enerxética para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 53, do 15 de marzo).

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 11 da citada Resolución do 7 de marzo de 2013, en diante bases reguladoras, estanse a analizar as solicitudes achegadas polos concellos e agrupacións de concellos de Galicia que se acolleron a esta convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda, sen prexuízo de que os expedientes que quedan por revisar poidan ser tamén obxecto de emenda.

O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón que tales requirimentos de emenda serán notificados de acordo co establecido na Lei 30/1992; porén, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da dita lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e a través do taboleiro electrónico habilitado para estes efectos na páxina web do Inega (www.inega.es), onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai. Poderase facer indicación expresa de que os seguintes actos administrativos do procedemento serán notificados a través do citado taboleiro.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) daquelas solicitudes xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recollen no anexo desta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no taboleiro electrónico, ao cal se accederá a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas concellos iluminación exterior 2013».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, darase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Solicitudes suxeitas á emenda de documentación

IN417P - Renovación das instalacións de iluminación pública exterior (ILE)

Cód. solicitude

NIF

Datos do solicitante

IN417P/13A6

P3207200A

Concellos de Conso-Frieiras e Viana do Bolo

IN417P/13A7

P3208200J

Concellos de Toén, Taboadela e San Cibrao das Viñas

IN417P/13A9

P3605500B

Concello de Tui

IN417P/13A11

P3201600H

Concello do Bolo

IN417P/13A16

P2706500B

Concello de Vilalba

IN417P/13A22

P2703800I

Concellos de Ourol, O Valadouro e O Vicedo

IN417P/13A23

P3201000A

Concellos do Barco de Valdeorras e Rubiá

IN417P/13A25

P1504700D

Concello de Melide

IN417P/13A27

P2704500D

Concello de Pedrafita do Cebreiro

IN417P/13A33

P3203400A

Concellos de Gomesende, Pontedeva e Quintela de Leirado

IN417P/13A39

P2704000E

Concello de Palas de Rei

IN417P/13A41

P1508000E

Concellos de Santiso e Arzúa

IN417P/13A46

P3206300J

Concellos de Porqueira, Lobios e Muíños

IN417P/13A56

P3604800G

Concello do Rosal

IN417P/13A57

P3603200A

Concellos de Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Pontecesures

IN417P/13A62

P3601900H

Concellos de Fornelos de Montes, A Lama e Mondariz

IN417P/13A65

P3605800F

Concello de Vilaboa

IN417P/13A67

P1505200D

Concello de Mugardos

IN417P/13A79

P3602900G

Concello de Moaña

IN417P/13A85

P3600037J

Consorcio Local Conca do Lérez

IN417P/13A86

P3602600C

Concellos de Marín e Bueu

IN417P/13A87

P2704100C

Concellos de Pantón, Sober e O Saviñao

IN417P/13A91

P3203300C

Concellos de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga e Baltar

IN417P/13A99

P2702300A

Concellos de Guntín, Láncara e O Páramo

IN417P/13A101

P3207300I

Concello da Veiga, A Rúa e Petín

IN417P/13A102

P2702700B

Concellos de Lourenzá, Trabada e A Pontenova

IN417P/13A103

P1505800A

Concello de Noia

IN417P/13A105

P1502300E

Concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra

IN417P/13A107

P3600900I

Concellos da Cañiza e Crecente

IN417P/13A109

P3208300H

Concellos de Trasmiras, Sandiás e Sarreaus

IN417P/13A110

P3604900E

Concellos de Salceda de Caselas, Mondariz-Balneario e Ponteareas

IN417P/13A119

P2704600B

Concello de Pol

IN417P/13A120

P2705400F

Concellos de Meira, A Pastoriza, Abadín e Riotorto

IN417P/13A122

P1507100D

Concello das Pontes de García Rodríguez

IN417P/13A126

P2705300H

Concello de Ribeira de Piquín

IN417P/13A127

P3605400E

Concello de Tomiño