Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18151

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de información pública sobre legalización de actividade e construcións vinculadas á explotación, cría e venda de cabalos en Carregal de Abaixo (Amorín).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente pola que a mercantil Yeguada Valle Miñor, S.L. solicita licenza de legalización da actividade e construcións vinculadas á explotación, cría e venda de cabalos en Carregal de Abaixo, da parroquia de Amorín, deste termo municipal, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, que se presentarán por escrito no Rexistro Xeral deste concello no prazo de vinte (20) días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Tomiño, 26 de abril de 2013

Sandra González Álvarez
Alcaldesa