Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública sobre planta de tratamento de residuos non perigosos e residuos perigosos (RAEE) no polígono industrial dos Airios.

Anuncio de exposición pública da solicitude de licenza de actividade suxeita a avaliación de incidencia ambiental Transportes Gabeiras Martínez, S.L. solicitou deste concello licenza municipal de actividade para planta de tratamento de residuos non perigosos e residuos perigosos (RAEE) que se instalará no polígono industrial dos Airios, sector 2, parcela 7, nave E. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP ou no DOG, co fin de que se poida examinar o expediente, no Negociado de Licenzas de Actividades deste concello, e formular por escrito as reclamacións e ou observacións que se consideren oportunas.

As Pontes de García Rodríguez, 2 de maio de 2013

Antonio Alonso Román
Concelleiro delegado da Área de Facenda, Urbanismo
e Coordinación do Goberno