Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18142

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación definitiva do plan parcial S-15.

Por acordo plenario do 1 de abril de 2013 aprobouse definitivamente o refundido do plan parcial do sector S-15 Travesía do Porto Sur, o que se publica para os efectos previstos no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

«Punto cuarto. Aprobación definitiva do plan parcial do sector S-15 (texto refundido de marzo de 2013).

(...)

Rematadas as intervencións, o pleno da corporación, por unanimidade dos seus membros presentes, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar a alegación presentada por Manuel Rodríguez Cerviño, en data 2 de xaneiro de 2013, durante a exposición pública, polos argumentos contidos no informe da asesora xurídica de urbanismo, que figura como anexo I deste acordo.

Segundo. Aprobar definitivamente o refundido de plan parcial de data marzo de 2013 do sector S-15 Travesía do Porto Sur, no Milladoiro, documento adaptado á Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, asinado polos arquitectos Manuel Cid Rodríguez e Javier Rivadulla Montaña.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación definitiva do plan parcial no Diario Oficial de Galicia (DOG) no prazo dun mes, e a documentación que conteña a normativa e a ordenanza no Boletín Oficial da provincia (BOP) e dar traslado á consellería competente nos termos previstos no artigo 92 da LOUGA. Non obstante o anterior, deberán terse en conta para este plan parcial as especialidades derivadas da disposición transitoria primeira, letra d), parágrafo terceiro, da Lei 9/2002, na redacción resultante da Lei 2/2010.

Cuarto. Facultar ao alcalde Santiago Vicente Amor Barreiro para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado».

Contra o presente acordo, de conformidade co previsto no artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Ames, 22 de abril de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde