Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de abril de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle dá audiencia ao interesado no procedemento de baixa e conseguinte cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas do establecemento que se relaciona.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento da provincia da Coruña que se relaciona, no procedemento de baixa e conseguinte cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

O titular dispón dun prazo de quince (15) días para facer as alegacións que consideren pertinentes, e poderá examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel na Área Provincial da Coruña, de acordo co artigo 84 da Lei 30/1992, anteriormente citada.

A Coruña, 30 de abril de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Casa de Hóspedes A Roda.

Titular: Jaime José Casal Lameiro.

Enderezo: Rodríguez de Viguri, 7.

Concello: 15703 Santiago de Compostela.