Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18107

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 30 de abril de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística dos establecementos que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, faise pública a resolución, ditada no procedemento de baixa de autorización e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos relacionados, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar esta polos medios habituais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a directora da Axencia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 30 de abril de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: Pensión Asociación Ader.

Titular: Asc. Animación y Deporte en el Espacio Natural Ader.

Enderezo: Dombodán-Portodemouros.

Concello: 15810 Arzúa.

Establecemento: Casa de Hóspedes Beiramar.

Titular: H.R. Beiramar, C.B.

Enderezo: rúa Rosalía de Castro, 30.

Concello: 15117 Laxe.