Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2013 que modifica a Resolución do 22 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos de transporte de obras de arte da exposición Víctor Grippo do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Logo de advertir erros nos prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen a dita contratación,

Dispoño:

Primeiro. Realizar as modificacións oportunas nos ditos documentos. Os textos corrixidos poderán consultarse no enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18839

Segundo. A publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia modifica o prazo de presentación das ofertas, que rematará ás 19.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia. Se o día de remate do prazo fose domingo ou festivo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria