Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2013/72-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Daxiong Spain, S.L.

Domicilio social: pol. ind. Penapurreira, parc. C 2A, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Denominación: CS, liña e CT para fábrica de cables de aceiro.

Situación: pol. ind. Penapurreira, parc. C2-A, As Pontes García Rodríguez.

Características técnicas: centro de seccionamento e medida prefabricado, formado por celas de entrada e saída para bucle de compañía e cela de liña, 400 A, 24 kV, 20 kA. Cela de seccionamento de abonado, cela de protección xeral, cela de medida e cela de saída e protección do centro de transformación, 400 A, 24 kV, 20 kA. Liña soterrada con inicio en cela de saída do CS e medida e remate no CT, RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) AL, lonxitude 160 m. CT prefabricado composto por cela de entrada de liña e dúas celas de protección (400 A, 24 kV, 20 kA) para 2 trafos iguais aillamento resina, refrixeración natural, 20/0,4 kV, 2.500 kVA cada un.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 13 de maio de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña