Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontecesures (expediente IN407A 2013/101-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo nº 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS e CT rúa Sagasta nº 32.

Situación: Pontecesures.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 78 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS PAD808, entre os CCTT 36CD15 e 36CDM9, unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 400 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado nun terreo privado na rúa Sagasta nº 32, Pontecesures.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 25 de abril de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra