Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 18051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4172/2013, 4168/2013, 4157/2013, 4162/2013, 4167/2013, 4169/2013 e 4170/2013, contra a Resolución do 7 de decembro de 2012, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Verín (Ourense).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números 4172/2013, interposto por Bernabé Jiménez Gómez; 4168/2013, interposto por María Concepción Cid Fernández; 4157/2013, interposto por Domingo Rodríguez Villar; 4162/2013, interposto por Mª de los Ángeles Escribano Romero e Mª Purificación Peláez Nieto; 4167/2013, interposto por Juan Fernández Salgado; 4169/2013, interposto por Elvira Taboada Cid e Carolina Taboada Cid e 4170/2013, interposto por Juan Manuel Brea Chapado, contra a Resolución do 7 de decembro de 2012, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Verín (Ourense).

Para os efectos de cumprir o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 29 de abril de 2013.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas