Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 17975

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Estudios Cacumen, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

3. Data: os días 3, 10, 17 e 25 de xuño de 2013.

4. Lugar de celebración: Autoescuela Cambre, rúa Miguel González Garcés, nº 5, baixo, 15660 Cambre (A Coruña).

5. Número de prazas: máximo 20 alumnos.

6. Dirixido a persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 3.6.2013

15.00-17.00 h

Biocidas. Descrición e clasificación dos distintos tipos de biocidas.

17.00-20.00 h

Principais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial.

Día 10.6.2013

15.00-17.30 h

Técnicas de aplicación de biocidas.

17.30-20.00 h

Prácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas.

Día 17.6.2013

15.00-18.00 h

Riscos derivados da manipulación de biocidas. Biocidas e ambiente. Problemas de destrución de envases.

18.00-20.30 h

Hixiene e seguridade na manipulación de biocidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios.

Día 25.6.2013

15.00-17.00 h

Prácticas: uso adecuado dos medios de protección persoal. Destrución de envases. Actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por biocidas.

17.00-19.30 h

Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de biocidas.

19.30-20.30 h

Exame tipo test.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Estudios Cacumen (José Ángel Castro Expósito).

Datas: os días 3, 10, 17 e 25 de xuño de 2013.

Lugar de celebración do curso: Autoescuela Cambre, rúa Miguel González Garcés, nº 5, baixo, 15660 Cambre (A Coruña).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario:

Días 3 e 10 de xuño: das 15.00 ás 20.00 horas.

Días 17 e 25 de xuño: das 15.00 ás 20.30 horas.

Nº de prazas: máximo 20 alumnos.

Presentación de solicitudes: Estudios Cacumen, rúa Concepción Arenal, 18-1º, 27004 Lugo. Teléfono: 982 24 39 44. Fax: 982 28 41 61. Correo electrónico: cacumen@cacumenlugo.com

Fecha límite de presentación de solicitudes: 28 de maio de 2013.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Apelidos...................................................................................................................................

Nome......................................................................................................................................

NIF..........................................................................................................................................

Enderezo..................................................................................................................................

Localidade................................................................................................................................

Teléfono............................................................................... Fax............................................

Empresa...................................................................................................................................