Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Xoves, 23 de maio de 2013 Páx. 17971

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo, e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora: Academia A Mariña.

3. Data: do 3 ao 25 de xuño de 2013, a excepción dos sábados e domingos, e o 13 e 24 de xuño de 2013.

4. Lugar de realización: Centro de Estudios Pondal, rúa Roberto Baamonde, nº 27, 1º, Monforte de Lemos (Lugo).

5. Número de prazas: máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Día 3.6.2013

16.00-20.00 h

Presentación do curso: obxectivos e programa formativo. Praguicidas. Clasificación. Xeralidades e modo de acción.

Día 4.6.2013

16.00-20.00 h

Toxicidade. Lexislación. Praguicidas. Transporte, almacenamento, distribución e venda. Lexislación.

Día 5.6.2013

16.00-20.00 h

Formulacións. Preparación.

Día 6.6.2013

16.00-20.00 h

Equipamentos de aplicación. Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

Día 7.6.2013

16.00-20.00 h

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 10.6.2013

16.00-20.00 h

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo.

Día 11.6.2013

16.00-20.00 h

Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

Día 12.6.2013

16.00-20.00 h

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

Día 14.6.2013

16.00-20.00 h

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

Día 17.6.2013

16.00-20.00 h

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

Día 18.6.2013

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguridade. Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 19.6.2013

16.00-20.00 h

Precaucións e normas de seguridade II. Equipamentos de protección persoal II. Saúde laboral II.

Día 20.6.2013

16.00-20.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

Día 21.6.2013

16.00-20.00 h

Repaso xeral, exercicios prácticos e posta en común/debate sobre un tema do programa formativo.

Día 25.6.2013

16.00-20.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas. Resolución, dúbidas e exame.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: do 3 ao 25 de xuño de 2013, a excepción dos sábados e domingos, e o 13 e 24 de xuño de 2013.

Lugar de realización do curso: Centro de Estudios Pondal, rúa Roberto Baamonde, nº 27, 1º, Monforte de Lemos (Lugo).

Duración: 60 horas teórico/prácticas.

Horario: das 16.00 ás 20.00 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avda. Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.

Tel.: 982 58 50 98. Fax: 982 57 51 01. Correo electrónico: formacion@amarina.org, acompañada de fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 400 €/alumno na conta Academia A Mariña de NovaGalicia Banco co número 2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

NOME E APELIDOS

DATA DE NACEMENTO

NIF/DNI

ENDEREZO

CP LOCALIDADE

TEL. CORREO ELECTRÓNICO