Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de maio de 2013, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador en materia de xogo número P-10/12.

Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade Recreativos Estrella, S.L., en relación co expediente sancionador en materia de xogo P-10/12 que se relaciona no anexo que se xunta, non foi posible efectuala, polo que esta dirección xeral acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello de Vigo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O/a interesado/a poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o/a interesado/a interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; o dito recurso ou calquera outro que coide pertinente ao seu dereito poderá interporse ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-10/12.

Interesada: Recreativos Estrella, S.L.

DNI/NIF: B32020075.

Último enderezo coñecido: rúa Bembrive, 236, Vigo (Pontevedra).

Data da resolución: 16 de maio de 2013.

Tipificación e precepto infrinxido: grave.

Sanción: 3.000,01.