Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade á renovación de varias autorizacións ambientais integradas.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á renovación das autorizacións ambientais integradas concedidas ás instalacións industriais que se relacionan a seguir e que se poden consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

1 Resolución do 10 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Megasa Siderúrgica, S.L. para a planta siderúrxica situada no concello de Narón (A Coruña). (Nº de rexistro AAI: 2006/0175_NAA/IPPC_087; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-69).

2. Resolución do 11 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Aluminios Cortizo, S.A. para a planta de brillo químico e coloración orgánica do aluminio, situada no lugar da Matanza, concello de Padrón (A Coruña). (Nº de rexistro AAI: 2004/0264_AIA/IPPC_089; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-121).

3. Resolución do 11 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Corporación Alimenticia Peñasanta, S.A. para unha planta de tratamento e envasado de leite e produtos derivados, no concello de Outeiro de Rei (Lugo). (Nº de rexistro AAI: 2006/0209_NAA/IPPC_128; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-112).

4. Resolución do 12 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Jealsa Rianxeira, S.A. para a fábrica de conservas de atún localizada no concello de Boiro (A Coruña). (Nº de rexistro AAI: 2006/0380_NAA/IPPC_0120: clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-80.)

5. Resolución do 15 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova autorización ambiental integrada outorgada a Ferroa-tlántica, S.A. para a fábrica de produción de silicio situada no concello de Arteixo (A Coruña). (Nº de rexistro AAI: 2005/0223_NAA/IPPC_104; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-103).

6. Resolución do 16 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a unha explotación avícola de engorda de polos en Arcos-San Tomé de Nogueira, no concello de Meis (Pontevedra). Titular: Avícola de Galicia, S.A.U. (Nº de rexistro AAI: 2006/0403_NAA/IPPC_099; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-86).

7. Resolución do 22 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a unha explotación porcina de ceba situada no lugar dos Ribeiros, no concello de Sarreaus (Ourense). Titular: Pérez Rúa, C.B. (Nº de rexistro AAI: 2006/0030_AIA/IPPC_103; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-101).

8. Resolución do 22 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Extrusionados Galicia, S.A. para as instalacións de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio, das que é titular no concello de Valga (Pontevedra). (Nº de rexistro AAI: 2006/0362_NAA/IPPC_105; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-115).

9. Resolución do 23 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Alimentos Lácteos, S.A. para unha planta de produción de leite, no concello de Outeiro de Rei (Lugo). (Nº de rexistro AAI: 2006/0159_NAA/IPPC_127; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-65).

10. Resolución do 23 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Arteixo Química, S.L.U. para a planta de fabricación de tensioactivos e química fina situada no polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo (A Coruña). (Nº de rexistro
AAI: 2006/0343_NAA/IPPC_123; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-97).

11. Resolución do 23 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Industrias Losán, S.A. para a planta de fabricación de taboleiro recuberto con chapa de madeira ou con papel melamínico localizada no concello de Curtis (A Coruña). (Nº de rexistro AAI: 2006/0387_NAA/IPPC_144; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-72).

12. Resolución do 24 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para a fábrica de taboleiros aglomerados de partículas e de madeira serrada e para a súa coxeración asociada Cogeneración del Noroeste, S.L., situadas en Santiago de Compostela (A Coruña). (Nº de rexistro AAI: 2006/0376_NAA/IPPC_107; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-81).

13. Resolución do 24 de abril de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada outorgada a Papelera de Brandía, S.A. para as súas instalacións en Santiago de Compostela (A Coruña). (Nº de rexistro AAI: 2006/0348_NAA/IPPC_126; clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-89).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental