De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro e perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. L-18-PDR-10 (Orde do 24 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2007-2013 e se convocan para o exercicio orzamentario 2010).
A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa data de finalización.
Concédeselle a interesada un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.
O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Expediente: procedemento para declarar o reintegro e perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. L-18-PDR-10.
Interesada: Sociedade Cooperativa Galega Oreta Xida.
Acto de notificación: acordo de inicio.
Último enderezo coñecido: rúa Ramón y Cajal, 2-1º, 27500 Chantada (Lugo).