Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2013, actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 4/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe e desmontaxe dos postos da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2013.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18441

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 28, do 2 de febreiro de 2013.

e) División por lotes e número: si, 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 242.000,00 €, IVE (21 %): 50.820,00 €, importe total: 292.820,00 €.

Valor estimado incluídas posibles prórrogas (sen IVE): 242.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote nº 1: SIC Gourmets 2013, Madrid (do 8 ao 11 de abril de 2013).

a) Data da resolución da adxudicación: 5 de abril de 2013.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 204.490,00 € (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 6.4.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento (foi a oferta técnica mellor valorada).

Lote nº 2: Salimat Silleda (do 13 ao 16 de xuño de 2013); Femaga (feira autónomos da Coruña; do 4 ao 8 de decembro).

a) Data da resolución da adxudicación: 16 de abril de 2013.

b) Adxudicataria: Idetecnia, S.L.

c) Importe: 44.165,00€ (IVE incluído 21 %).

d) Data de formalización do contrato: 23.4.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar