En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: administrativo, de obras.
b) Descrición do obxecto: realización das obras de nova lonxa no porto pesqueiro de Cedeira (A Coruña), actuación cofinanciada dentro da medida 3.3 do programa operativo do Fondo Europeo de Pesca nun 61 %.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=16618
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 166, do 31 de agosto de 2011.
e) División por lotes e número: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación.
Valor estimado: 1.826.679,08 euros.
Importe neto: 1.826.679,08 euros; importe total: 2.155.481,31euros (IVE ao 18 %).
5. Adxudicación e formalización do contrato.
a) Data da resolución da adxudicación: 24 de maio de 2012.
b) Adxudicataria: Dragados, S.A. (NIF: A15139314).
c) Importe: 1.500.861,62 euros (IVE incluído do 18 %).
d) Data de formalización do contrato: 8.6.2012.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, xa que foi a que obtivo a máxima puntuación de acordo cos criterios de valoración contidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar