Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17358

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 12 de abril de 2013 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia.

De acordo co disposto no artigo 7 da Resolución do 23 de outubro de 2008 (DOG do 13 de novembro), pola que se dispón a publicación do Regulamento interno de organización e funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados pola persoa titular da consellería competente en materia de traballo.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 8 da dita resolución, a Confederación de Empresarios de Galicia acordou a substitución dun dos seus membros titulares da súa representación no Consello.

Por todo o exposto, ao abeiro do artigo 7 da referida Resolución do 23 de outubro de 2008, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia, a José Manuel Fernández Cedrón, en substitución de Miguel Ángel Puime Rey.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2013

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar