Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17359

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 364/2011, interposto por María del Mar Paz Paz, María Ángeles Lodeiro Campo, Oria Abelleira Rodríguez, María Jesús Rivas Laso, María Pilar Boyero Mateos, María Elia Regueiro Rodríguez, María Asunción Díaz Valcárcel, María Jesús Luaces López, Josefina Cordero Díaz e María Regina Luisa Pérez López.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo PO 364/2011, interposto por María del Mar Paz Paz, María Ángeles Lodeiro Campo, Oria Abelleira Rodríguez, María Jesús Rivas Laso, María Pilar Boyero Mateos, María Elia Regueiro Rodríguez, María Asunción Díaz Valcárcel, María Jesús Luaces López, Josefina Cordero Díaz e María Regina Luisa Pérez López, contra a Resolución do 23 de setembro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2011 que aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia (DOG nº 187, do 29 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública