Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 2 de maio de 2013, da Área Provincial da Coruña, pola que se dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos de café bar que no anexo se mencionan no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

A inspección turística constatou que os establecementos que se relacionan no anexo xa non se dedican á actividade para a cal no seu día solicitaron a alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, polo que o Servizo Provincial da Coruña acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar os expedientes de baixa de oficio e cancelación da inscrición.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para faceren as alegacións que consideren pertinentes e poderen examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 2 de maio de 2013

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Establecemento: café bar pub Paraíso.

Titular: Manuel Vila Vizoso.

Enderezo: avda. Fraga Iribarne, s/n.

Concello: Cariño.

Sinatura: VC-11151.

Establecemento: café bar Atlántico.

Titular: Mª Pilar Fernández García.

Enderezo: Fonte de San Miguel, 9.

Concello: Santiago de Compostela.

Sinatura: VC-5106.0