Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 26 de abril de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Gudiña, a favor dos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña, no concello da Gudiña.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 3 de abril de 2013, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Gudiña, solicitada polos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña, no concello da Gudiña (Ourense), resultan os seguintes,

Feitos:

Primeiro. Con data do 5 de xullo de 2011 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña, no concello da Gudiña (Ourense), no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 13 de xullo de 2011, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como vecinal en mano común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións, Hercilia da Paixão Sá presentou reclamación dunha parcela que non se tivo en conta para a clasificación pola falla de documentación xustificativa da súa titularidade. Por outra parte, os solicitantes da clasificación presentaron documentación corrixida das parcelas C, Y, Z1, Z2, AB1, AB2, AE1 e AE2, que emenda os erros detectados na planimetría inicial adaptando as superficies e estremas das ditas parcelas á realidade, polo que foron tidas en conta no acordo de clasificación.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Concello: A Gudiña.

Denominación do monte: Comunal da Gudiña.

Comunidade veciñal solicitante: Veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña.

Superficie total: 34,81 ha, distribuídas nas parcelas que a seguir se relacionan:

1. Parcela A (0,29 ha): linda norte, polígono 23, parcelas 151, 156 e 157; sur, camiño; leste, camiño; oeste, polígono 23, parcela 149.

2. Parcela B (0,30 ha): linda norte, polígono 501, parcela 5148; sur, polígono 501, parcela 83; leste, polígono 501, parcela 31; oeste, camiño.

3. Parcela C (0,71 ha): linda norte, con camiño; sur, polígono 501, parcela 36; leste, polígono 22, parcelas 189 e 190; oeste, polígono 501, parcelas 64, 65.

4. Parcela D (0,26 ha): linda norte, polígono 22, parcelas 192, 193; sur, polígono 22 parcela 194; leste, polígono 22, parcela 198; oeste, polígono 22, parcelas 189 e 190.

5. Parcela E (1,69 ha): linda norte, polígono 22, parcelas 199-200; sur, camiño; leste, polígono 22, parcelas 202 e 203; oeste, polígono 22, parcela 194.

6. Parcela F (0,82 ha): linda norte, camiño; sur, polígono 22, parcela 438; leste, polígono 22, parcelas 435 e 436; oeste, polígono 501, parcela 35.

7. Parcela G (0,93 ha): linda norte, 501, parcela 5149; sur, polígono 501, parcela 294; leste, polígono 501, parcelas 272, 273, 274 e 275; oeste, camiño.

8. Parcela H (3,09 ha): linda norte, polígono 501, parcela 241; sur camiño; leste, camiño e polígono 501, parcelas 243, 252, 254 e 255; oeste, camiño.

9. Parcela I (0,05 ha): linda norte, sur e oeste con camiños e leste, estrada.

10. Parcela J (0,08 ha): linda norte, camiño; sur, estrada; leste, camiño; oeste, polígono 501, parcela 267.

11. Parcela K (0,35 ha): linda norte, polígono 501, parcela 276; sur, polígono 501, parcela 5108; leste, camiño; oeste, polígono 501, parcelas 277, 278, 279, 5092, 5093, 5094, 5095 e 5144.

12. Parcela L (0,47 ha): linda norte, polígono 501, parcela 269; sur, polígono 501, parcela 9017; leste, camiño e polígono 501, parcela 9017; oeste, camiño.

13. Parcela M (0,08 ha): linda norte, camiño; sur, polígono 501, parcela 9017; leste, camiño, e oeste, camiño.

14. Parcela N (0,12 ha): linda norte, sur e leste con camiños e oeste, con polígono 501, parcela 9017.

15. Parcela O (0,71 ha): linda norte, polígono 25, parcela 303; sur, polígono 501, parcela 323; leste, camiño; oeste, liña de ferrocarril e polígono 25, parcela 54.

16. Parcela P (0,71 ha): linda norte, con polígono 501, parcela 318 e 319; sur, camiño; leste, camiño; oeste, polígono 501, parcela 323.

17. Parcela Q (0,10 ha): linda norte, sur, leste e oeste con camiños.

18. Parcela R (0,09 ha): linda norte, camiño; sur, polígono 27, parcela 718; leste, polígono 27, parcelas 395, 432 e 501; oeste, polígono 27, parcela 397.

19. Parcela S (0,05 ha): linda norte, polígono 27, parcela 265; sur, camiño; leste, polígono 27, parcela 276; oeste, polígono 27, parcela 274.

20. Parcela T (0,03 ha): linda norte, polígono 27, parcela 276; sur, camiño; leste, camiño; oeste, polígono 27, parcela 276.

21. Parcela U (0,28 ha): linda norte, polígono 27, parcela 282; sur, camiño; leste, polígono 501, parcela 431; oeste, camiño.

22. Parcela V (1,13 ha): linda norte, polígono 27, parcelas 380, 381, 383 e 718; sur, polígono 27, parcelas 369 e 401; leste, polígono 501, parcela 433; oeste, polígono 27, parcelas 399 e 400.

23. Parcela W (0,20 ha): linda norte, polígono 27, parcela 371; sur, camiño; leste, polígono 27, parcela 371; oeste, polígono 27, parcela 369.

24. Parcela X (2,93 ha): linda norte, camiño; sur, polígono 27, parcelas 418, 419; leste, polígono 27, parcelas 367 e 368; oeste, polígono 27, parcelas 410, 411, 412, 413 e 416.

25. Parcela Y (2,59 ha): linda norte, camiño; sur, polígono 501, parcelas 447 e 5136; leste, estrada; oeste, camiño e polígono 501, parcela 947.

26. Parcela Z1 (0,18 ha): linda norte, estrada e polígono 9, parcela 451; sur, autoestrada A-52; leste, polígono 9, parcelas 981 e 451; oeste, acesos autoestrada A-52.

27. Parcela Z2 (0,05 ha): linda norte, autoestrada A-52; sur, camiño; leste, camiño e polígono 9 parcela 9043; oeste, polígono 9, parcela 9043.

28. Parcela AA (0,72 ha): linda norte, polígono 9, parcela 609; sur polígono 9, parcelas 606, 612, 613 e 614; leste, polígono 9, parcelas 605, 607 e 608; oeste, antiga estrada N-525.

29. Parcela AB1 (0,25 ha): linda norte, estrada N-525; sur, autoestrada A-52; leste, polígono 9, parcelas 577, 578 e 9044; oeste, acesos autoestrada A-52 e polígono 9, parcela 9044.

30. Parcela AB2 (0,50 ha): linda norte, autoestrada A-52; sur, polígono 9, parcelas 595-596; leste, polígono 9, parcelas 581, 587, 589 e 590; oeste, polígono 9, parcelas 596 e 9048.

31. Parcelas AC (0,27 ha): linda norte, polígono 9, parcela 982; sur, polígono 9, parcela 466; leste, polígono 9, parcela 982; oeste, camiño.

32. Parcelas AD (1,19 ha): linda norte, polígono 9, parcelas 465, 555, 556 e 557; sur, polígono 9, parcelas 546 e 554; leste, polígono 9, parcela 553; oeste, camiño.

33. Parcela AE1 (1,05 ha): linda norte, polígono 9, parcelas 436, 445 e 447; sur, autoestrada A-52 e polígono 9, parcelas 981 e 9042; leste, autoestrada A-52; oeste, polígono 9, parcelas 446, 447, 448, 449, 450 e 451.

34. Parcela AE2 (1,53): linda norte, camiño e polígono 9, parcelas 1111 e 1112; sur, camiño e polígono 9, parcelas 455, 984, 985 e 9043; leste, polígono 9, parcela 459, 460 e 461, e oeste, autoestrada A-52.

35. Parcela AF (2,39 ha): linda norte, camiño e polígono 7, parcelas 135, 136 e 278; sur, polígono 7, parcelas 243; leste polígono 7, parcelas 132, 133, 245, 246, 244 e 432; oeste, polígono 7, parcelas 281, 282, 283, 284, 285, 287, 288, 289, 290, 434, 435 e 471.

36. Parcela AG (0,35 ha): linda norte, polígono 7, parcela 469; sur, polígono 7, parcela 190; leste, polígono 7, parcelas 176, 177, 178, 179 e 460; oeste, polígono 7, parcelas 128, 182 e 332.

37. Parcela AH (0,80 ha): linda norte, polígono 7, parcelas 188, 189; sur, polígono 7, parcela 191; leste, polígono 7, parcela 190; oeste, camiño e polígono 7, parcela 219.

38. Parcela AI (0,81 ha): linda norte, polígono 7, parcela 191; sur, polígono 7, parcela 193; leste e oeste, camiño.

39. Parcela AJ (0,02 ha): linda norte, sur, leste e oeste, camiño.

40. Parcela AK (3,56 ha): linda norte, camiño; sur, polígono 4, parcelas 628, 629, 630, 631 e 638; leste, polígono 4, parcelas 612, 613, 614, 615, 618, 619, 621, 622, 623, 624, 625 e 656; oeste, camiño.

41. Parcela AL (1,96 ha): linda norte, polígono 7, parcelas 203, 204, 227, 228, 229 e 230; sur, polígono 7, parcelas 453, 454, 472, 473 e 474; leste, camiño e polígono 7, parcelas 89 e 448; oeste, camiño e polígono 7, parcelas 86 e 87.

42. Parcela AM (0,13 ha): linda norte, polígono 9, parcela 474; sur, polígono 9, parcelas 946 e 947; leste, camiño; oeste, polígono 9, parcelas 475 e 1015.

43. Parcela AN (0,37 ha): linda norte, polígono 9, parcelas 946 e 947; sur, camiño e polígono 9, parcelas 937 e 1071; leste, polígono 9, parcelas 938, 941 e 942; oeste, polígono 9, parcelas 477 e 479.

44. Parcela AO (0,03 ha): linda norte, polígono 7, parcela 55; sur, camiño; leste, polígono 7, parcela 70; oeste, polígono 7, parcela 72.

45. Parcela AP (0,30 ha): linda norte, polígono 7, parcelas 48-49; sur, camiño; leste, polígono 7, parcela 64; oeste, polígono 7, parcelas 55 e 56.

46. Parcela AQ (0,15 ha): linda norte, polígono 7, parcelas 34 e 38; sur, polígono 7, parcela 58; leste, polígono 7, parcela 39; oeste, polígono 7, parcela 41.

47. Parcela AR (0,14 ha): linda norte, polígono 25, parcela 271; sur, polígono 25, parcela 272; leste, polígono 25, parcela 272; oeste, camiño.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «Son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa. Corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña, no concello da Gudiña (Ourense), o monte denominado Comunal da Gudiña, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de abril de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense