Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17089

I. Disposicións xerais

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 86, do 6 de maio de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 14278, no artigo 1, punto dezaseis, modifícase o artigo 56, o número 2, e na páxina 14279 o número 6, letra c:

No número 2, en que se establece:

«2. O importe da libranza que se lle a recoñecerá a cada persoa beneficiaria determinarase aplicando ás fórmulas dispostas nos seguintes puntos, en función da capacidade económica da persoa beneficiaria e a contía de referencia para cada libranza segundo o grao recoñecido. A contía da libranza recoñecida será do 100 % da cantidade máxima establecida cando a capacidade económica da persoa beneficiaria sexa igual ou inferior ao IPREM».

Debe dicir:

«2. O importe da libranza que se lle recoñecerá a cada persoa beneficiaria determinarase aplicando ás fórmulas dispostas nos seguintes puntos, en función da capacidade económica da persoa beneficiaria e a contía de referencia para cada libranza segundo o grao recoñecido. A contía da libranza recoñecida será do 100 % da cantidade máxima establecida cando a capacidade económica da persoa beneficiaria sexa igual ou inferior ao IPREM».

Na páxina 14279, no número 6, letra c, en que se establece:

«c) No suposto da libranza vinculada á adquisición dun servizos da carteira xeral, distinto ao servizo residencial, o límite mínimo será do 35 % da contía máxima da libranza. No caso de que a capacidade económica da persoa beneficiaria sexa superior a 4 veces o IPREM, o límite mínimo será do 25 % da contía máxima da libranza».

Debe dicir:

«c) No suposto da libranza vinculada á adquisición dun servizo da carteira xeral, distinto ao servizo residencial, o límite mínimo será do 35 % da contía máxima da libranza. No caso de que a capacidade económica da persoa beneficiaria sexa superior a 4 veces o IPREM, o límite mínimo será do 25 % da contía máxima da libranza.»

Na páxina 14285, no artigo 1, punto trinta, modifícase o punto 2 e engádese un punto 3 á disposición transitoria cuarta, número 2, parágrafo 2, en que se establece:

«Excepcionalmente poderase ser autorizada polo órgano de dirección con competencias en materia de dependencia, a prórroga na continuidade no programa por un período máximo de 6 meses».

Debe dicir:

«Excepcionalmente poderá ser autorizada, polo órgano de dirección con competencias en materia de dependencia, a prórroga na continuidade no programa por un período máximo de 6 meses».

Na páxina 14286, na disposición adicional segunda, punto 2, en que se establece:

«As referencias que na Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 5/2010, do 4 de febreiro, realízanse á clasificación en grao e nivel da situación de dependencia entenderanse realizada á clasificación no grao de dependencia».

Debe dicir:

«As referencias que na Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, se realizan á clasificación en grao e nivel da situación de dependencia, entenderanse realizadas á clasificación no grao de dependencia».

Na páxina 14287, na disposición transitoria segunda, o parágrafo primeiro, o punto 3 e na páxina 17288, o punto 7:

No parágrafo primeiro, en que se establece:

«Para as persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 14 de xullo, tiveran recoñecido grao e nivel de dependencia, as intensidades de protección dos servizos para cada grao e nivel de dependencia serán as seguintes:».

Debe dicir:

«Para as persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, tiveran recoñecido grao e nivel de dependencia, as intensidades de protección dos servizos para cada grao e nivel de dependencia serán as seguintes:».

No punto 3, en que se establece:

«Para os servizos de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional, establecerase a seguinte intensidade máxima:

Grado I. Dependencia moderada

Horas de atención

Niveles 2 e 1

h/mes

»

Debe dicir:

«Para os servizos de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional, establecerase a seguinte intensidade máxima:

Grado I. Dependencia moderada

Horas de atención

Niveis 2 e 1

15 h/mes

»

Na páxina 14288, no punto 7, en que se establece:

«Nos procedementos en que tivese recaído resolución do programa individual de atención con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 14 de xullo, o 16 de xullo, as persoas beneficiarias continuarán percibindo a intensidade de protección determinada na correspondente resolución mentres non se proceda á revisión, de ser o caso, do seu programa individual de atención».

Debe dicir:

«Nos procedementos en que tivese recaído resolución do programa individual de atención con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, o 16 de xullo, as persoas beneficiarias continuarán percibindo a intensidade de protección determinada na correspondente resolución mentres non se proceda á revisión, de ser o caso, do seu programa individual de atención».

Na páxina 14288, na disposición transitoria terceira, no parágrafo primeiro, en que se establece:

«Para as persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 14 de xullo, tivesen recoñecido grao e nivel de dependencia, as intensidades ás que se vincula a libranza para cada grao e nivel de dependencia serán as seguintes:».

Debe dicir:

«Para as persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, tivesen recoñecido grao e nivel de dependencia, as intensidades a que se vincula a libranza para cada grao e nivel de dependencia serán as seguintes:».

Na páxina 14290, na disposición transitoria cuarta, no parágrafo primeiro, en que se establece:

«Para as persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 14 de xullo, tivesen recoñecido grao e nivel de dependencia, o réxime de intensidades para o establecemento de compatibilidades entre as prestacións do sistema para cada grao e nivel de dependencia serán as seguintes:».

Debe dicir:

«Para as persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, tivesen recoñecido grao e nivel de dependencia, o réxime de intensidades para o establecemento de compatibilidades entre as prestacións do sistema para cada grao e nivel de dependencia serán as seguintes:».

Na páxina 14294, na disposición transitoria quinta, en que se establece:

«As persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 14 de xullo, tivesen recoñecida unha libranza vinculada a un servizo ou de asistencia persoal continuarán percibindo a contía que se tivera determinado na correspondente resolución de PIA con base no disposto na normativa vixente na data da súa resolución, sendo que as disposicións contidas na presente orde, particularmente o disposto no punto trece, catorce, quince, en que se modifican os artigos 47, 56 e 57 da Orde do 2 de xaneiro de 2012, así como na disposición transitoria sexta, serán de aplicación no momento de proceder á revisión do seu PIA, de ser o caso, e con data de efectos a partir da data na que se dite a resolución de revisión do PIA».

Debe dicir:

«As persoas que na data de entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, tivesen recoñecida unha libranza vinculada a un servizo ou de asistencia persoal continuarán percibindo a contía que se tivera determinado na correspondente resolución de PIA con base no disposto na normativa vixente na data da súa resolución, sendo que as disposicións contidas na presente orde, particularmente o disposto no punto trece, catorce, quince, en que se modifican os artigos 47, 56 e 57 da Orde do 2 de xaneiro de 2012, así como na disposición transitoria sexta, serán de aplicación no momento de proceder á revisión do seu PIA, de ser o caso, e con data de efectos a partir da data na que se dite a resolución de revisión do PIA».

Na páxina 14294, na disposición transitoria sexta, en que se establece:

«Solicitudes de recoñecemento da situación de dependencia pendentes á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 14 de xullo

No suposto daquelas persoas solicitantes do recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade ao 16 de xullo de 2012 e que nesta data se atopen pendentes do recoñecemento da concreta prestación, o dereito de acceso ás libranzas de coidados no contorno familiar derivadas do recoñecemento de dita situación estará suxeito a un prazo suspensivo máximo de dous anos contados desde o transcurso do prazo de seis meses desde a presentación da solicitude sen terse ditado e notificado a resolución expresa de recoñecemento da prestación, prazo que se interromperá en momento no que o interesado empece a percibir a dita prestación».

Debe dicir:

«Solicitudes de recoñecemento da situación de dependencia pendentes á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo

No suposto daquelas persoas solicitantes do recoñecemento da situación de dependencia con anterioridade ao 16 de xullo de 2012 e que nesta data se atopen pendentes do recoñecemento da concreta prestación, o dereito de acceso ás libranzas de coidados no contorno familiar derivadas do recoñecemento da dita situación estará suxeito a un prazo suspensivo máximo de dous anos contados desde o transcurso do prazo de seis meses desde a presentación da solicitude sen terse ditado e notificado a resolución expresa de recoñecemento da prestación, prazo que se interromperá no momento en que o interesado empece a percibir a dita prestación».

Na páxina 14294, na disposición transitoria sétima, en que se establece:

«As persoas que con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 14 de xullo, o 16 de xullo tiveran recoñecido un grao e nivel de dependencia non precisarán dun novo recoñecemento da súa situación de dependencia para os efectos da clasificación establecida por graos.

Non obstante, en caso de revisión do grao e nivel de dependencia que tivesen recoñecido, a valoración adaptarase á nova estrutura de graos recollida no artigo 23 da Lei 39/2006, do 14 de decembro».

Debe dicir:

«As persoas que con anterioridade á entrada en vigor do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, o 16 de xullo tiveran recoñecido un grao e nivel de dependencia non precisarán dun novo recoñecemento da súa situación de dependencia para os efectos da clasificación establecida por graos.

Non obstante, en caso de revisión do grao e nivel de dependencia que tivesen recoñecido, a valoración adaptarase á nova estrutura de graos recollida no artigo 23 da Lei 39/2006, do 14 de decembro».