Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude para ampliación da autorización do aproveitamento de recursos da sección A) denominada Ampliación a Bertita, número 301.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia sométese a información pública a solicitude para ampliación da autorización do aproveitamento de recursos da sección A) que a seguir se describe:

Solicitante: Prebetong Lugo, S.A.

Domicilio social: avenida Benigno Rivera, s/n, polígono industrial do Ceao, 27003 Lugo.

Denominación da explotación: Ampliación a Bertita, nº 301.

Situación: lugar de Castro, parroquia de Santa María de Bóveda, concello de Lugo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto correspondente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, no prazo de 30 días hábiles contados a partir do seguinte ao da presente publicación.

Lugo, 25 de febreiro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo