Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2013/7-2, 8090 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS para peche de anel CD 02249 pe Matela 1-CD 10864 Pol. Irsa.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas: LMTS a 20 kV en canalización existente, con orixe nunha cela de liña existente no CTC 02249 PE Matela 1 e final nunha cela de liña existente no CTC 10864 Pol. Irsa, cunha lonxitude de 1621 metros en condutor tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo