Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO relativo á resolución das bases específicas e convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de arquiveiro/a deste concello.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre.

Estas bases xerais foron modificadas por acordos da Xunta de Goberno Local e foron publicadas estas modificacións no Boletín Oficial da provincia de Lugo número 51, do 4 de marzo de 2009, e número 33, do 8 de febreiro de 2013.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 90, do 19 de abril de 2013, publicouse resolución das bases específicas e convocatoria que rexerán, xunto coas anteriores bases xerais, o seguinte proceso selectivo:

Persoal funcionario (quenda libre):

– Resolución 13003254. 1 praza de arquiveiro/a encadrada na escala de Administración especial; subescala: técnica; clase: superior; grupo de titulación A, subgrupo A1. Sistema selectivo: oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 22 de abril de 2013

José Clemente López Orozco
Alcalde