Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 16 de maio de 2013 Páx. 17070

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre legalización e obra nova para centro de distribución de combustible no Foxo (Rubín).

Recuperalia Nuevas Energías, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de legalización e obra nova para centro de distribución de combustible que se situará no Foxo (Rubín). En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Estrada, 18 de abril de 2013

José C. López Campos
Alcalde-presidente